Ferretería Rucho é unha empresa dedicada a facilitar suministros para a construción, material de ferretería, xoguetería e agasallos, na zona centro da provincia de Lugo.
Somos unha empresa familiar, na que varias xeracións tivemos e temos o nome de RUCHO como identificación personal e empresarial, testemuña e garantía de atención directa, de cercanía cos clientes, ós que prácticamente coñecemos polo seu nome e procedencia.
Prestamos servizo á pequena e mediana empresa en canto se refire a suministro de ferramentas, materiais de construción e complementos de todo tipo, pero estamos abertos ó gran público que cada día en maior número nos visita e recoñece a excelente disposición a mellorar e aumentar paulatinamente as nosas existencias.
Invitámolo a que nos coñeza e comprobe as nosas existencias, servizo e atención persoal.
En RUCHO temos vocación comercial, e nos preocupamos de atendelo mellor cada día. ¡Compróbeo!.